Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

Proxección 2 de outubro

Dirección e guión: Coline Serreau. Intérpretes: Marie Bunel (Mathilde), Artus de Penguern (Pierre), Jean-Pierre Darroussin (Claude), Pascal Légitimus (Guy), Muriel Robin (Clara), Marie Kremer (Camille), Flore Vannier-Moreau (Elsa), Aymen Saïdi (Ramzi), Nicolas Cazalé (Saïd). Produción : Charles Gassot e Jacques Hinstin. Música: Madeleine Besson, Sylvain Dubrez e Hugues Lle Bars. Fotografía: Jean-François Robin. Duración: 110 minutos Á morte da súa nai, dous irmáns e unha irmá decátanse de que só cobrarán a herdanza se van xuntos a pé desde Le Puy-en-Velay (Francia) ata Santiago de Compostela. O malo é que se odian entre si e odian andar. Pero o afán do diñeiro pode máis e ponse por fin en camiño. Reúnense co guía en Le Puy-en-Velay, onde descobren que irán cun grupo doutras seis persoas. O camiño é longo até Santiago de Compostela, e mentres percorremos con eles unhas espléndidas paisaxes, asistimos aos contratempos, enfados, amoríos, fantasías e vivencias dest

Pásao

Desde hoxe, o cine club Cangas conta cun novo medio de comunicación cos socios e os afeccionados ao cine. Para que coñezades cal é a nosa programación e aportar dun xeito o máis áxil posible un coñecemento do que somos, do que queremos e do que non podemos facer. Animade este pequeno espazo para dar as vosas opinións e facer as vosas aportacións á programación.