Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

PROXECCIÓN DO 25 DE OUTUBRO

A pequena Venecia  (Io sono Li)  Italia, 2011 – V.O.S.E.  Premios:  2011: Premios David di Donatello: Mellor actriz (Tao Zhao). 4 candidaturas 2011: Festival de Sevilla: Premio Eurimages 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música Dirección: Andrea Segre. Intérpretes: Zhao Tao ( Shun Li), Rade Sherbedgia (Bepi “O poeta”), Marco Paolini  (Coppe), Roberto Citran (avogado), Giuseppe Battiston ( Devis) Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre. Fotografía: Luca Bigazzi. Montaxe: Sara Zavarise. Produción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder Música: François Couturier. Duración: 100 min.  Shun Li traballa nunha fábrica téxtil nos arredores de Roma. De súpeto, mándana a Chioggia, unha pequena cidade situada nunha illa na lagoa veneciana, para traballar como camareira nun bar. Bepi, un pescador eslavo ao que os seus amigos alcuman 'O Poeta', é un cliente habitual do pequeno bar desde hai anos. O encontro entre ambos converterase nunha esca

Que din de A PEQUENA VENECIA?

"Unha das mellores sorpresas e películas do ano. Ninguén debería perder esta xoíña". Carlos Louredo ( Fotogramas.es) "Unha obra mestra" (Liberazione) "Un pequeno milagre. Un poema exquisito" (Il Mesaggero) "Sensible, orixinal e conmovedora. Exitoso debut de Andrea Segre" Correiere della sera.it "Delicada...Fascinante... é unha canción de amor aos elementos naturais, aos sentimentos humanos, ás cousas sinxelas que alivian o sufrimento e as dificultades da vida cotiá" Close Up "Grande ovación para A pequena venecia"  (Rolling Stone) "Unha delicada e poética historia de amor?Un universo emocional realmente orixinal" L'unitá "Un tema de candente actualidade contado en clave poética... Un excelente reparto" Lq Republica "Grandes interpretacións dun reparto excepcional" (Radiocinema.it) "Quizais a mellor película italiana que se viu en Venecia" (Avvenire) "Paci

Proxección do 11 de outubro

O EXERCICIO DO PODER Dirección e guión: Pierre Schoeller Intérpretes: Olivier Gourmet (Bertrand Saint-Jean), Michel Blanc (Gilles), Zabou Breitman (Pauline), Martin Kuypers (Sylvain Deblé), Didier Bezace (Dominique Woessner), Jacques Boudet (Senador Juillet), François Chattot (Falconetti), Gaëtan Vassart (Loïk), Arly Jover (Séverine Saint-Jean), Eric Naggar (Primeiro Ministro), Anne Azoulay (Josepha), Christian Vautrin (Nemrod), François Vincentelli (Peralta), Stéphan Wojtowicz (Presidente de Francia). Guión: Michel Leclerc e Baya Kasmi.  Fotografía: Julien Hirsch . Montaxe: Laurence Briaud. Produción: Denis Freyd, Jean-Pierre et Luc Dardenne. Música: Philippe Schœller . Duración: 115 min.  SINOPSE O secretario persoal do ministro dos Transportes, Bertrand Saint-Jean, espértao no medio da noite para lle comunicar que un autobús caeu por un cavorco. Non lle queda outra que ir alí. Así comeza a odisea dun home de Estado nun mundo cada vez máis complexo e hostil. Velocidade, l