Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

Proxección 23 xaneiro

ENCALLADOS Galicia, 2013 Dirección: Alfonso Zarauza. Intérpretes: Xulio Abonjo, Ricardo de Barreiro, Federico Pérez, Farruco Castromán, Luis Tosar. Guión: Alfonso Zarauza Xosé Castro “Pato”, Andy Mahía. Produción: Luís Tosar, Farruco Castromán e Pizca Gutiérrez. Fotografía: Albero Diaz “Bertixi” (AEC). Montaxe: Adrián Pino. Música: Robi C. Goday, Raquel Vilas Zarauza. Duración: 65 min. SINOPSE Por debaixo dunha historia louca de tres autores á busca de guión para facer unha película sobre o Prestige con catro pesos, apunta a como é un país que non foi quen de realizar unha boa ficción cinematográfica sobre unha das peores catástrofes ecolóxicas da historia. E faino sen complexos, a través do relato do propio fracaso. Da propia impotencia. Que é a da industria audiovisual tamén. Malia que, finalmente, as cousas van saíndo. ENTREVISTA CON ALFONSO ZARAUZA por Montse Dopico (Montsedopico.com) Acolliches as nominacións para os Mestre Mateo agradecido pero escéptico. P

Nova tempada, novo equipamento

Este novo ano chega cun equipamento polo que levamos anos loitando. A aportación conxunta do Concello e o Cine Club Cangas permitiu a dotación dun novo proxector en alta definición e unha pantalla motorizada de sete metros e un lector Bluray. Isto suporá que a partir do mes de xaneiro teremos unhas condicións infinitamente mellores de visionado. Cnfiamos que isto nos permita recuperar unha parte do público que se perdeu co peche do cine Galaxias e comezar a pensar na programación da Semana de cine.