Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

Contrafaces, 28 de decembro

 CONTRAFACES Mércores, 28 de decembro, ás 21 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Ola, cineclubeiros. Imos despedir o ano cunha proxección extra. Quizais algúns saibades que queriamos inaugurar a Semana de cine cunha película relacionada co noso entorno máis próximo, pero non puido ser. Unha das películas que barallamos foi Contrafaces un documental centrado en dous personaxes que se cruzan nos seus itinerarios vitais en sentidos contrarios, Elías Portela ou Elías Knörr e Erín Moure. Pois ben, o mércores 28 de decembro, ás 21 horas realizaremos a presentación en Cangas deste documental e contaremos coa presenza de Elías Portela e Fon Cortizo, o seu director.

Proxección do 16 de decembro de 2016

BOUDU SALVADO DAS AUGAS (Boudu sauvé des eaux) 16 DE DECEMBRO.   21,30 HORAS AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Boudu salvado das augas Boudu sauvé des eaux Francia, 1932 Director:  Jean Renoir. Intérpretes:  Michel Simon (Boudu),Marcelle Hainia (Mme. Lestingois), Séverine Lerczinska (Anne-Marie), Charles Granval (Lestingois), Jean Gehret (Vigour), Max Dalban (Godin), Jacques Becker (el poeta). Guión:  Jean Renoir & Albert Valentin. Basado na obra teatral de René Fauchois 1919 Fotografía:  Marcel Lucien (B/N). Montaxe:  Marguerite Renoir e Suzanne de Troye. Música:  Jean Boulze e Édouard Dumoulin. Produtor:  Michel Simon. Produción:  Société Sirius (Les Productions Michel Simon). Duración: 83 min. Xénero: Comedia SINOPSE Boudu é un vagabundo que, desesperado porque perdeu o seu can, tírase ao río Sena desde a ponte das Artes. Un libreiro, Monsieur Lestingois, sálvalle a vida e acólleo na súa casa. Boudu seduce á señora Lestingois e á criada da casa, ante