Ir al contenido principal

Proxección do 24 de febreiro de 2017

O PORVIR
(L'avenir. Francia, 2016)
VENRES, 24 DE FEBREIRO DE 2017
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.  21 horas
Dirección: Mia Hansen-Løve.
Guión: Mia Hansen-Løve.
Produción: Rebecca O’Brien
Fotografía: Denis Lenoir
Música: Raphael Hamburger
Intérpretes: Isabelle Huppert, Edith Scob, Roman Kolinka, André Marcon, Sarah Le Picard, Solal Forte, Elise Lhomeau, Lionel Dray, Marion Ploquin
Duración: 100 min.

Berllinale: Sección Oficial.
Círculo de críticos Nova York e Los Ángeles: Mellor actriz Isabelle Huppert

SINOPSE
Nathalie, escritora e profesora de filosofía, que reparte o seu tempo entre os fillos, o traballo e unha nai posesiva, vese obrigada a reconstruír a súa vida cando o seu home lle comunica que a vai deixar por outra muller.

O TEMPO DA RESISTENCIA
Jordi Costa. El País

Unha elipse deliberadamente vaga “uns cuantos anos despois” separa o prólogo desta película do corpo do seu relato, onde unha profesora de filosofía, encarnada por Isabelle Huppert como dinámica síntese de fraxilidade e indomable perseveranza, ve como veñen abaixo os alicerces (afectivos, profesionais, materiais) que até o momento sostiñan a súa existencia. Se un decide facer o movemento contrario -é dicir, remontarse uns cuantos anos antes... na filmografía da cineasta Mia Hansen-Løve-, esta quinta longametraxe chega a revelarse como a peza mestra que dota de unidade e sentido ao conxunto: no fondo, o tema subterráneo do seu cinema foi sempre o imperativo de supervivencia -a capacidade (e a necesidade) de sobrevivir á toxicomanía dun pai, ao suicidio dun ser querido, ao colapso dun primeiro amor ou á desintegración dunha contracultura edénica- e a súa metodoloxía de traballo non deixou nunca de destilar os seus acertos -ou, como o caso de Edén (2014), tamén as súas moi puntuais insuficiencias- a partir das experiencias vivenciais da súa contorna inmediata. Se Edén era, por así dicilo, a súa película do irmán, O porvir é a película que a cineasta elabora utilizando á súa nai, profesora de filosofía como a Nathalie Chazeaux que encarna a Huppert, como fértil punto de partida para reflexionar non só sobre as turbulencias que a todos agardan no futuro, senón tamén sobre as posibilidades de goce, resistencia e descubrimento que esperan a quen se nega a ser vencido.
Película onde un libro de Slavoj Zizek provoca un tácito desencontro entre personaxes, O porvir logra, con lixeireza, verdade, gran control narrativo e unha interpretación extraordinaria que traduce crise intelectual en tensión muscular, diagnosticar un presente de humanidades asediadas, democratizacións da inestabilidade e activismos entre o acendrado e o crispado.

Comentarios